Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2021

Comezamos con palabras: Tanxugueiras

Imaxe
  Comezamos a andaina deste novo blog falando de palabras, r ecollendo algúns dos termos que desde o portal das palabras nos van suxerindo... A palabra do ano 2021 foi  Tanxugueiras  : a música ampliando vocabulario. Vai rematando un ano máis marcado mundialmente pola pandemia, pero o 2021 tamén trouxo alegrías que moi ben soan. A palabra que simboliza unha delas , tanxugueiras , acaba de se converter na Palabra do Ano 2021 , tras se facer coa maioría dos votos das persoas que participaron na elección popular promovida polo Portal das Palabras. A voz máis elixida entre as que chegaron á final do concurso promovido pola páxina web para a difusión do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Gañou popularidade nos últimos meses da man da banda de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, un referente dos novos camiños que está a abrir, con grande éxito, a música tradicional galega.