Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022
Imaxe
Palabras en xuño, astrónoma, topógrafa... vai de profesións   Astrónoma  Fonte imaxe:  https://astronomia-para-todos.blogspot.com/   O Portal das Palabras tráenos varias profesións.  
Imaxe
           XORNADA DE XOGOS POPULARES GALEGOS   O 14 de xuño o alumnado da ESO do IES Urbano Lugrís puido participar e divertirse con diversos xogos populares galegos. Para elo contamos coa colaboración da  Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT).  A continuación mostramos algúns deles. ZANCOS Tamén coñecido cos nomes de “andas” ou “trécolas”, son dous paus feitos en madeira non moi branda e que teñen uns topes onde se pousan os pés. A altura dos zancos debe sobre pasar os ombros das persoas que xogan, unha vez subidas enriba deles. É un xogo que axuda a ir adquirindo o sentido do equilibrio. Na súa orixe empregábanse para pasar os regatos ou as zonas enchoupa das. Normalmente xógase en terreos amplos, nos que haberá que atravesar un percorrido previamente indicado. Móvense coas mans, acompañando a acción dos brazos e a das pernas, sen perder o equilibrio. Pódense realizar carreiras individuais, en relevos, desprazándose cara atrás ou atravesando unha serie de obstácul
Imaxe
Palabras en xuño, airexa, refoleo... vai de ventos Vendaval                                                                    Fonte imaxe: vigoalminuto.com   O Portal das Palabras tráenos moitos ventos.  
Imaxe
  Palabras en xuño, litoral, furna Achégase o verán e o Portal das Palabras lévanos ao mar.                                "Litoral Golfo Ártabro"                            "Furna, no Litoral do Golfo Ártabro"  
Imaxe
  Palabras en maio - xuño, bacelo O bacelo é o rebento da videira , longo e delgado, do cal agroman as follas , os gabiáns e os acios . Por extensión emprégase o termo noutros cultivos rubideiros coma o kiwi .           Videiras polo inverno, con bacelos sen podar.  Fonte imaxe: https://gl.wikipedia.org/wiki/Bacelo_(vide)#/media/Ficheiro:HK_Lenz_Moser_im_Winter.JPG Os bacelos, longos, magros e flexíbeis, que agroman cada ano do toro, levan todas as estruturas de crecemento vexetal da planta, é dicir as follas, os gabiáns, as xemas e as inflorescencias que se converterán en acios de bago unha vez chegadas ao seu punto de madureza. O Portal das Palabras tráenos esta semana palabras relacionadas coa viticultura.