Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Portal das palabras

Palabras en xaneiro: educación

Imaxe
Na última semana de xaneiro as palabras escollidas desde o Portal das palabras proceden todas do campo semántico da educación:  educadora -  aio - instrutora - preceptor - ensinante - pupilo - colexial Tédeas aquí:  Seguimos aprendendo;)

Palabras en xaneiro: soñar, adormentar...

Imaxe
 Do portal das palabras, sacamos algunhas máis neste mes de xaneiro:  desenlace,  postremeiro/a,  adormentar, roncexar, soñar, velar, trasnoitar, ronquido, durmiñón/a

Comezamos con palabras: Tanxugueiras

Imaxe
  Comezamos a andaina deste novo blog falando de palabras, r ecollendo algúns dos termos que desde o portal das palabras nos van suxerindo... A palabra do ano 2021 foi  Tanxugueiras  : a música ampliando vocabulario. Vai rematando un ano máis marcado mundialmente pola pandemia, pero o 2021 tamén trouxo alegrías que moi ben soan. A palabra que simboliza unha delas , tanxugueiras , acaba de se converter na Palabra do Ano 2021 , tras se facer coa maioría dos votos das persoas que participaron na elección popular promovida polo Portal das Palabras. A voz máis elixida entre as que chegaron á final do concurso promovido pola páxina web para a difusión do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Gañou popularidade nos últimos meses da man da banda de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, un referente dos novos camiños que está a abrir, con grande éxito, a música tradicional galega.