Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2022
Imaxe
  Palabras en agosto ,    relacionadas coa auga bacía No artigo 16 do  Real Decreto 1/2001 , polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, establécese o concepto de bacía, que se modifica ao incorporarse ao Dereito español a  Directiva 2000/60/CE,  que establece un marco de actuación no eido da política de augas. Aos efectos de esta transposición, enténdese por bacía hidrográfica  "a superficie de terreo cuxa escorrentía superficial flúe na súa totalidade a través dunha serie de correntes, ríos e eventuais lagos cara o mar por unha única desembocadura, estuario ou delta. A bacía hidrográfica como unidade de xestión do recurso considérase indivisible" . Esta mesma transposición engade ao RD 1/2001 o artigo 16 bis, co que introduce a figura da Demarcación Hidrográfica:  "  (...) Enténdese por Demarcación Hidrográfica a zona terrestre e mariña composta por unha ou varias bacías hidrográficas veciñas e as augas de transición, subterráneas e costeiras asociadas ás dev
Imaxe
  Palabras en agosto,  imos de paseo Cañón do rio Mao (Ourense) Fonte imaxe e texto: https://matadornetwork.com/es/senderismo-galicia/ Cando pensamos na Ribeira Sacra, probablemente enseguida véñannos á cabeza os ríos Miño e Sil, pero hai outros menos coñecidos, e como mínimo tan espectaculares, que merece a pena visitar. É o caso do río Mao , coñecido pola súa famosa pasarela de madeira dun quilómetro que permite penetrarse na parte baixa do seu cañón. De todos os xeitos, se a túa forma física permítecho, recoméndoche que non quedes só coa pasarela e percorras o carreiro homologado PR - G 177 completo. En calquera caso, se estes 17 km fánseche longos, achégache a San Lourenzo de Barxacova para admirar as vistas desde a necrópole e percorrer a antiga canle de auga. A sensación de aventura será moito maior que na pasarela.
Imaxe
   Palabras en agosto,     letra, amanuense, manuscrito... Amanuense Fonte imaxe: https:// es.wikipedia.org/wiki/Copista
Imaxe
  Palabras en agosto,   cómica, gargallada Cómico   ( Laurel y Hardy, mellor coñecidos como O gordo e o fraco .)       Fonte imaxe: https://www.lanuevacronica.com/el-cine-comico-mudo-y-no-tan-comico
Imaxe
  Palabras en xullo,   viños e recipientes Ámboa   Imaxe: Museo Etnológico de Ribadavia Recipiente de barro de base (cu) circular e corpo globular. Presenta pescozo con escaso desenrolo rematado por borde (orella) reforzado. Na zona de unión entre o pescozo e o corpo cínguese un vimbio que probablemente busque afianzar esta delicada área. O corpo (barriga) leva cinco bíncalos de reforzo. No arranque da base aparece un saínte cilíndrico (a canilla) taponado por unha rolla de cortiza. A capacidade dunha ámboa pode medirse por olas, entre 6 a 3 olas, sendo estas equivalentes entre 20 a 16 litros según a comarca. E tamén se podía medir en canados, entre un ou dous, sobre todo pola parte do val do Lemos, en donde o canado levaba antes 34 litros e despois 32. (García Alén, L. "La alfarería tradicional de Galicia", Tomo I, 1983, p.90)   Fonte: http://ceres.mcu.es/pages/ResultSearch?txtSimpleSearch=%E1mboa&simpleSearch=0&hipertextSearch=1&search=simpleSel