Palabras en xullo,  viños e recipientes

Ámboa  

Imaxe: Museo Etnológico de Ribadavia

Recipiente de barro de base (cu) circular e corpo globular. Presenta pescozo con escaso desenrolo rematado por borde (orella) reforzado. Na zona de unión entre o pescozo e o corpo cínguese un vimbio que probablemente busque afianzar esta delicada área. O corpo (barriga) leva cinco bíncalos de reforzo. No arranque da base aparece un saínte cilíndrico (a canilla) taponado por unha rolla de cortiza.
A capacidade dunha ámboa pode medirse por olas, entre 6 a 3 olas, sendo estas equivalentes entre 20 a 16 litros según a comarca. E tamén se podía medir en canados, entre un ou dous, sobre todo pola parte do val do Lemos, en donde o canado levaba antes 34 litros e despois 32. (García Alén, L. "La alfarería tradicional de Galicia", Tomo I, 1983, p.90) 

Fonte: http://ceres.mcu.es/pages/ResultSearch?txtSimpleSearch=%E1mboa&simpleSearch=0&hipertextSearch=1&search=simpleSelection&MuseumsSearch=MEROU%7C&MuseumsRolSearch=1&


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Wordle en galego: a xogar!