Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022
Imaxe
Palabras en marzo, 22 de marzo "Día Mundial da Auga" Imaxe: https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/proyecto/35013842-0009/2021/03/24/dia-mundial-del-agua/   Fonte: Portal das Palabras, "DÍA MUNDIAL DA AUGA" Que haxa auga é unha das condicións necesarias para que exista vida , falemos do Universo ou do noso planeta Terra. Os territorios onde non hai uns niveis mínimos de auga soportan unhas condicións de vida extremadamente duras, ou mesmo acaban por converterse en espazos onde non se pode vivir por un período prolongado. A auga quita a sede, mantén a hixiene e protexe a saúde; é un dos principais recursos enerxéticos e para que sexa posible un desenvolvemento sustentable é imprescindible. Por todas estas razóns, en xullo de 2010, a ONU recoñeceu oficialmente que o acceso á auga potable e o saneamento básico son dereitos humanos esenciais, declarando o 22 de marzo Día mundial da auga . É ben lembrar que non todos os países nin todos os sectores
Imaxe
Senda Litoral "En busca do Seixo Branco"    Actividade "Senda Litoral" cos alumnos de 1º ITC  que están a participar na segunda edición do concurso Senda Litoral de Galicia. Iniciamos o noso roteiro dende a Igresa de Dexo, parroquia de Dexo do concello de Oleiros. Igresa Románica Rural, do século XII, con planta rectangular rematada cun ábside semicircular. Camiñando... Imos  a percorrer unha parte da costa de Dexo-Serantes, que vai dende Lorbé ao Faro de Mera, que está catalogada como Monumento Natural e lugar de importancia comunitaria. Chegamos a Marola, din os mariñeiros do lugar "Quen pasou a Marola, pasou a mar toda".   Seguimos a camiñata ata o Porto de Dexo, coa Marola ao fondo.   E atopámonos coas furnas... Seguimos o noso roteiro na busca do Seixo Branco  E por fín o atopamos: O Seixo Branco  O Seixo Branco é unha veta de cuarzo branco. É moi visible a moita distancia e serve de referencia de navegación para os mariñeiros.  E para rematar, a
Imaxe
Palabras en marzo, alegría O Portal das Palabras tráenos na semana do 14 ao 20 palabras pertencentes o campo semántico da alegría: Nirvana , dita , ledicia , benandanza , alborozo , felicidade .
Imaxe
  Palabras en marzo, celebramos o 8 de marzo  Día Internacional da Muller Traballadora Na semana do 7 ao 13 de marzo o Portal das Palabras en feminino.  
Imaxe
  Palabras en febreiro - marzo: E N T R OI D O Nesta semana que cabalga entre febreiro e marzo, coincidindo co entroido, o Portal das Palabras pensou en entroidar.