Palabras en marzo, 22 de marzo "Día Mundial da Auga"

Imaxe: https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/proyecto/35013842-0009/2021/03/24/dia-mundial-del-agua/  

Fonte: Portal das Palabras, "DÍA MUNDIAL DA AUGA"

Que haxa auga é unha das condicións necesarias para que exista vida, falemos do Universo ou do noso planeta Terra. Os territorios onde non hai uns niveis mínimos de auga soportan unhas condicións de vida extremadamente duras, ou mesmo acaban por converterse en espazos onde non se pode vivir por un período prolongado.

A auga quita a sede, mantén a hixiene e protexe a saúde; é un dos principais recursos enerxéticos e para que sexa posible un desenvolvemento sustentable é imprescindible. Por todas estas razóns, en xullo de 2010, a ONU recoñeceu oficialmente que o acceso á auga potable e o saneamento básico son dereitos humanos esenciais, declarando o 22 de marzo Día mundial da auga. É ben lembrar que non todos os países nin todos os sectores de poboación teñen garantido ese dereito e aínda que non é o caso do noso onde ata o momento –e malia as secas que trae o proceso de cambio climático–, seguimos sendo un país cun alto nivel de recursos hídricos e excedente na enerxía que producen. Sexa como for, e mesmo sabendo que a conservación da auga é un labor do conxunto da poboación mundial, debemos velar por evitar malgastala e conxurarnos nun labor colectivo para reducir o seu consumo e aumentar a súa reciclaxe.

Chamámoslle á auga case igual a como lle dicían os romanos, aqua -ae. Se a perdemos, con ela irán polos sumidoiros numerosas palabras que a conteñen, non só no seu valor semántico, senón na súa propia forma, ben á maneira patrimonial –con <g> intervocálico–, ben mantendo a forma culta no <c>, que representa a  pronuncia etimolóxica. De todas elas, “aguas” e “acuas”, collemos sete para compoñer este Setestrelo. Empezamos, e non digas desta auga non beberei…


 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Wordle en galego: a xogar!