Senda Litoral "En busca do Seixo Branco"
Actividade "Senda Litoral" cos alumnos de 1º ITC que están a participar na segunda edición do concurso Senda Litoral de Galicia.
Iniciamos o noso roteiro dende a Igresa de Dexo, parroquia de Dexo do concello de Oleiros. Igresa Románica Rural, do século XII, con planta rectangular rematada cun ábside semicircular.
Camiñando...
Imos a percorrer unha parte da costa de Dexo-Serantes, que vai dende Lorbé ao Faro de Mera, que está catalogada como Monumento Natural e lugar de importancia comunitaria. Chegamos a Marola, din os mariñeiros do lugar "Quen pasou a Marola, pasou a mar toda".
Seguimos a camiñata ata o Porto de Dexo, coa Marola ao fondo.
E atopámonos coas furnas...
Seguimos o noso roteiro na busca do Seixo Branco
E por fín o atopamos: O Seixo Branco
O Seixo Branco é unha veta de cuarzo branco. É moi visible a moita distancia e serve de referencia de navegación para os mariñeiros.
E para rematar, a Costa de Dexo-Serantes forma parte do Golfo Ártabro, formado polas rías de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña.
Vai de Lorbé ao Faro de Mera. É un espazo de transición entre as rías de Ares e Betanzos e de A Coruña. Está catalogada como Monumento Natural e Lugar de Importancia Comunitaria.
Mera, punto final do roteiro.
Comentarios
Publicar un comentario