Palabras en maio - xuño, bacelo

O bacelo é o rebento da videira, longo e delgado, do cal agroman as follas, os gabiáns e os acios. Por extensión emprégase o termo noutros cultivos rubideiros coma o kiwi.

 

       Videiras polo inverno, con bacelos sen podar.
 Fonte imaxe: https://gl.wikipedia.org/wiki/Bacelo_(vide)#/media/Ficheiro:HK_Lenz_Moser_im_Winter.JPG

Os bacelos, longos, magros e flexíbeis, que agroman cada ano do toro, levan todas as estruturas de crecemento vexetal da planta, é dicir as follas, os gabiáns, as xemas e as inflorescencias que se converterán en acios de bago unha vez chegadas ao seu punto de madureza.

O Portal das Palabras tráenos esta semana palabras relacionadas coa viticultura. 



 

 

 

 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Wordle en galego: a xogar!