Palabras en agosto-setembro relacionadas co cabelo

 Peita

Este peite, do primeiro cuarto do século XIX, está realizada en prata sobredorada á vista e prata na súa cor por detrás, con debuxo cincelado. Está decorada por unha orla de puntos e un medallón central con efixie de Fernando VII (reinado de 1808 a 1833) rodeado por unha coroa de loureiro, cintas e unha coroa na parte superior. O tema da efixie de Fernando VII será moi utilizado no primeiro terzo do século XIX, tendo relación coas medallas coñecidas popularmente como "fernandicos". Ao principio, estas medallas representaban unha efixie recoñecible pero co paso do tempo lembran a un emperador romano ou a un santo.

O peite ten a súa orixe no peite que unha vez cumprida a súa función deixábase cravado no rodete, servindo de soporte ao manto ou mantilla. O predecesor inmediato do peite atopámolo no século XVIII, por mor do descubrimento das ruínas de Pompeya e Herculano, que trouxo consigo unha verdadeira febre polo clásico impregnando as artes decorativas e a arquitectura. En efecto as romanas levaban algo moi similar aos peites para levantar os mantos ou veos ou como simple adorno.

Peza exposta na Antecámara ou Sala de confianza, primeira planta. Museo Nacional de Cerámica e Artes Suntuarias "González Martí" (Valencia)

(Fonte: https://www.culturaydeporte.gob.es/mnceramica/colecciones/seleccion-piezas/textiles-indumentaria-complementos/peineta.html)
 


 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Wordle en galego: a xogar!