
Palabras en outubro , pasta "25 de outubro" Día Mundial da Pasta Fonte imaxe e texto: la-lista.com Cada 25 de outubro celébrase o Día Mundial da Pasta porque en 1995 levouse a cabo o Primeiro Congreso Mundial da Pasta en Roma, Italia, onde catro decenas de produtores de todo o orbe reuníronse para abordar distintos temas ao redor do seu produto. Tres anos máis tarde a Organización Internacional da Pasta (IPO International Pasta Organisation), en conmemoración daquel congreso en Roma, instaurou en Nápoles esa data de outubro para dedicala cada ano para recoñecer o aprecio mundial por este alimento, o seu valor nutricional e explorar o seu desenvolvemento a futuro. Para iniciar a celebración, convidámosche a facer un breve percorrido pola súa historia, o cal a IPO enmárcaa da seguinte maneira: 1154 Tense rexistro da primeira versión de espagueti. 1500 Apareceron as primeiras compañías produtoras. 1800 Cre...