Palabras en setembro-outubro, mirando ao mar
batea
(Ría de Arousa) Fonte imaxe: https://www.crucerosriasbaixas.com/barco-mejillones/
A batea é unha estrutura flotante destinada a cría do mexillón. Consiste nun armazón rectangular de madeira de 100 a 500 metros cadrados soportado por flotadores de aceiro recubertos con fibra de vidro, poliéster ou recheos con poliéster expandido. Suxéitase ao fondo mediante unha ou dúas cadeas de aceiro e un peso de vinte toneladas. Do armazón de madeira cólganse cordas de nylon de tres centímetros de grosor e de dez a doce metros de longo, onde se engorda o mexillón. Recentemente limitouse a 500 o número de cabos por balsa para evitar a saturación das zonas de cultivo e favorecer un mellor crecemento.
(Fonte texto: http://www.nautical-dictionary.com/batea)
Se queres saber máis sobre as bateas e os mexillóns fai clic nas seguintes ligazóns:
https://elmejillon.ucoz.com/index/historia/0-7
https://elmejillon.ucoz.com/index/cultivo/0-8
https://www.arroyabe.es/blog/batea-mejillones-galicia/
Comentarios
Publicar un comentario