Palabras en novembro, relacionadas co San Martiño

San Martiño (11 de novembro) marca o arranque das celebracións do outono e inverno en Galicia. É unha festividade moi arraigada celebrándose en moitos municipios con moita tradición e saber popular, como ben o demostra o refraneiro ou costumes tan nosos como a matanza do porco, a proba do viño novo e o inicio dos magostos.

 Refráns polo San Martiño

- Castañas noces e viño fan as delicias de San Martiño

- As castañas que despois de San Martiño quedan no souto, son do moucho.

- Antes de San Martiño, pan e viño; despois de San Martiño, fame e frío.

- No día de San Martiño, abilla o teu viño.

- Despois de San Martiño vén o inverno de camiño.

- A todo porco lle chega o seu San Martiño.

- O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño.

- Polo San Martiño, andan as noces a roliño.

- Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.

 O sanmartiño tamén é un peixe

Fonte imaxe:https://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Peixe_de_San_Pedro_1.JPG

Peixe de San Pedro Zeus Faber.Tamén chamado San Pedro, Sanmartiño, Martiño ou Gallopedro. É un peixe semigraso e de auga salgada. Habita tanto en fondos de rocas como en praderías submarinas e fondos de area, onde pode enterrarse ás veces. Vive entre augas, a profundidades que varían desde os 10 aos 100 metros, aínda que se lle pode atopar ata a 400 metros.Non era tan apreciado como merece, consecuencia probablemente do seu aspecto. Non alcanzaba no mercado cotizacións de acordo á súa categoría. Con todo isto cambiou radicalmente e converteuse nun peixe moi apreciado.
Aliméntase de peixiños como arenques e sardiñas, e tamén de vermes e crustáceos como camaróns. 
Denomínase Peixe de San Pedro, porque segundo a Biblia Xesús díxolle ao apostolo Pedro:" vai ao lago, tira o anzol, abre a boca do primeiro peixe que collas e atoparás a moeda que necesitamos para pagar, dálla ti por min" (Mateo, XVII,27). San Pedro deixou as marcas dos seus dedos no corpo do peixe, converténdose nas marcas circulares dos laterais do sanmartiño.
 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Wordle en galego: a xogar!