Publicacións populares deste blog
Organizado polo EDLG, o día 9 de maio o alumnado de 4ª da ESO e de 1º do ciclo superior Mantemento Electrónico participaron desta actividade na que recorremos o tramo do Camiño de Santiago que vai de Palas de Rei a Melide, unha camiñata duns 15 Km. O camiño vai recollido pola frondosidade dos bosques e aberto á sorpresa dos seus monumentos, coma o castelo de Pambre ou o centro histórico de Melide. Estamos na comarca da Ulloa, inmortalizada pola escritora Emilia Pardo Bazán na súa soada novela Los pazos de Ulloa (1886). Camiño de Santiago Castelo de Pambre O Camiño Francés abandona Palas de Rei polo Campo dos Romeiros, tradicional lugar de encontro de peregrinos. Cruza a estrada xeral ata entrar nun camiño que conduce ata O Carballal e logo a San Xiao do Camiño, bonita vila cunha igrexa e un cruceiro de interese. Tras unha serie de baixadas e subidas chégase ata A Ponte Campaña e, posteriormente, a Casanova. Séguese o camiño ata cambiar de provincia...
GALEGA E PORTUGUESA ESCOITA AS CANCIÓNS FINALISTAS E VOTA AS TRES QUE MÁIS CHE GUSTEN EN: Para as galegas https://aritmar.gal/votacions-mellores-musicas-galegas-de-2023/ Para as portuguesas https://aritmar.gal/votacions-mellares-musicas-portuguesas-de-2023/ https://aritmar.gal/ EDLG - IES URBANO LUGRÍS
Comentarios
Publicar un comentario