Organizado polo EDLG, o día 9 de maio o alumnado de 4ª da ESO e de 1º do ciclo superior Mantemento Electrónico participaron desta actividade na que recorremos o tramo do Camiño de Santiago que vai de Palas de Rei a Melide, unha camiñata duns 15 Km. O camiño vai recollido pola frondosidade dos bosques e aberto á sorpresa dos seus monumentos, coma o castelo de Pambre ou o centro histórico de Melide. Estamos na comarca da Ulloa, inmortalizada pola escritora Emilia Pardo Bazán na súa soada novela Los pazos de Ulloa (1886). Camiño de Santiago Castelo de Pambre O Camiño Francés abandona Palas de Rei polo Campo dos Romeiros, tradicional lugar de encontro de peregrinos. Cruza a estrada xeral ata entrar nun camiño que conduce ata O Carballal e logo a San Xiao do Camiño, bonita vila cunha igrexa e un cruceiro de interese. Tras unha serie de baixadas e subidas chégase ata A Ponte Campaña e, posteriormente, a Casanova. Séguese o camiño ata cambiar de provincia...
Comentarios
Publicar un comentario