PORTAL DAS PALABRAS

Palabra do Ano 2023

XA SE PODE VOTAR !

 

PODES VOTAR ATA O LUNS 25 DE DECEMBRO ÁS 23:59 HORAS EN:  

https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/



CIBERCARRACHO, -A

Outra maneira de lle chamar ao ciberdelicuente. Este neoloxismo tira do humor a partir do parecido entre quen nos rouba datos, ou directamente cartos, e ese becho case invisible que nos chucha o sangue.

COOFICIALIDADE

Este ano o Congreso dos Deputados deu un paso importante no camiño cara á igualdade de trato do galego e as demais linguas cooficiais. Sigamos avanzando en todos os niveis!

EDUCACIÓN EMOCIONAL

Non importan só as materias que fan media. A xestión das emocións emerxe por fin como unha parte fundamental da educación para mellorar as relacións interpersoais e o benestar propio.

FEITIÑO, -A

Adoramos as persoas ás que lles podemos asignar este adxectivo que destaca tanto virtudes morais como físicas. Fan mellor as nosas vidas e de toda a comunidade. Por iso, aínda que marchen para sempre, nunca as esqueceremos.

DEREITOS HUMANOS

No 75 aniversario da Carta Universal dos Dereitos Humanos, berramos este sintagma nominal para denunciarmos a constante violación do contido deste texto. Na súa defensa radica a nosa verdadeira humanidade.

BIODIVERSIDADE

Esta voz evoca neste 2023 dende as mobilizacións dos últimos meses contra o impacto ambiental e social de grandes proxectos eólicos en Galicia ata o gran desafío mundial do cambio climático.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Wordle en galego: a xogar!