
Palabras en marzo, 22 de marzo "Día Mundial da Auga" Imaxe: https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/proyecto/35013842-0009/2021/03/24/dia-mundial-del-agua/ Fonte: Portal das Palabras, "DÍA MUNDIAL DA AUGA" Que haxa auga é unha das condicións necesarias para que exista vida , falemos do Universo ou do noso planeta Terra. Os territorios onde non hai uns niveis mínimos de auga soportan unhas condicións de vida extremadamente duras, ou mesmo acaban por converterse en espazos onde non se pode vivir por un período prolongado. A auga quita a sede, mantén a hixiene e protexe a saúde; é un dos principais recursos enerxéticos e para que sexa posible un desenvolvemento sustentable é imprescindible. Por todas estas razóns, en xullo de 2010, a ONU recoñeceu oficialmente que o acceso á auga potable e o saneamento básico son dereitos humanos esenciais, declarando o 22 de marzo Día mundial da auga . É ben lembrar que non todos os países nin todos os sectores ...