Palabras en maio - xuño, bacelo O bacelo é o rebento da videira , longo e delgado, do cal agroman as follas , os gabiáns e os acios . Por extensión emprégase o termo noutros cultivos rubideiros coma o kiwi . Videiras polo inverno, con bacelos sen podar. Fonte imaxe: https://gl.wikipedia.org/wiki/Bacelo_(vide)#/media/Ficheiro:HK_Lenz_Moser_im_Winter.JPG Os bacelos, longos, magros e flexíbeis, que agroman cada ano do toro, levan todas as estruturas de crecemento vexetal da planta, é dicir as follas, os gabiáns, as xemas e as inflorescencias que se converterán en acios de bago unha vez chegadas ao seu punto de madureza. O Portal das Palabras tráenos esta semana palabras relacionadas coa viticultura.